Novos éxitos para as arqueiras do Club Deportivo Flechas por un Tubo de Corme

Deportes
Manuel Lavandeira

As arqueiras Leonor Andrade Varela (campiona galega) e Lucía Castro Fondo (medalla de bronce) volveron a subir ao máis alto do podio na quinta tirada da Liga Galega de Tiro con Arco en Sala e Torneo Federación Luis Vera Moreno, celebrados en Soutomaior (Pontevedra). Lucía acadou o primeiro posto da competición e Leonor o segundo, asegurándose ademais os puntos mínimos necesarios para acceder ao Campionato de España.

Tamén fixeron unha excelente labor as arqueiras alevíns Aroa Vigueret Martínez, que acadou o terceiro posto na súa categoría, logrando tamén a clasificación para o Campionato de España, e Jimena Extremera Toja, que quedou en sexto posto.