Pedirán axuda para reformar a casa reitoral larachesa de Montemaior

Patrimonio
Manuel Lavandeira
Sesión plenaria da Corporación larachesa celebrada este venres. Foto: Concello da Laracha

A Laracha. A Corporación larachesa acordou, por unanimidade, solicitar acceso ao Fondo de Cooperación para financiar o proxecto de reforma da casa reitoral de Montemaior. A intervención deseñada polo goberno local está valorada en 712.808 euros.

O obxectivo é restaurar, recuperar e ofrecerlle novos usos de interese xeral comunitario á histórica edificación, que está incluída no catálogo de patrimonio municipal.

O alcalde, José Manuel López, explicou que o Concello alcanzou un “acordo co Arcebispado para a cesión da reitoral polo período de tempo máximo posible”. A intención é transformala para ser centro de actividades relacionadas co medio rural e tamén sociais e culturais, ademais de habilitar un albergue. M. L.