Recepción e parabéns en Malpica para o equipo cadete da UD Cerqueda

Recentemente gañaron a Copa da Costa da súa categoría // O acto estivo presidido polo alcalde, Eduardo Parga, e a concelleira de Deportes, Noelia Freijeiro
Deportes
Manuel Lavandeira
Deportistas, técnicos, familiares e representantes municipais festexando o éxito deportivo da UD Cerqueda. Foto: C. de Malpica

O alcalde de Malpica, Eduardo Parga, e a concelleira de Deportes, Noelia Freijerio, felicitaron aos futbolistas cadetes da UD Cerqueda, que veñen de proclamarse campións da Copa da Costa. Uns parabéns que fixeron extensivos ao equipo técnicos e aos familiares “por todo o seu esforzo e dedicación, e ao club e por inculcar grandes valores ás categorías de base”.

O rexedor eloxiou o traballo do equipo e agradeceulles que leven o nome de Malpica e da parroquia de Cerqueda ó máis alto, ao tempo que os animou para tentar de gañar a liga a próxima tempada.