Móvete insta ao goberno estrandese a recuperar o recinto do Castro Valente

Patrimonio
Alba Prada
Captura do visor da Xunta onde se ve a silueta da muralla e a distribución do xacemento entre os Concellos de A Estrada e Padrón. Foto: X.G.

A ESTRADA. Móvete insta ao Concello da Estrada a coordinarse con outras administracións, en concreto co Concello de Padrón e a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura e Turismo, para recuperar e pór en valor o recinto amurallado do Castro Valente. Este xacemento arqueolóxico conta cunha extensión de 1,2 quilómetros e un tercio do mesmo atópase en territorio estrandense, mentres que os dous tercios restantes, se sitúan en Padrón. “Por extensión estaría entre os máis grandes de Galicia xunto a Santa Trega e San Cibrán de Lás”, indican dende a formación. O xacemento constitúe “un conxunto espectacular de 30 torres defensivas ademais da muralla e parapetos, o que é algo moi pouco habitual en Galicia, xa que non se coñecen moitos recintos amurallados con torres con tanta antigüidade”, din. A.P.