Evoluciona a pesar dos restos arqueolóxicos a Casa de Correos arzuá

Obras
Alba Prada
Pilar López Rioboo, 3ª dereita, visitando as obras da Casa de Correos arzuá. Foto: S.G.

ARZÚA. Con ánimo de supervisar o avance dos traballos na Casa de Correos de Arzúa; a subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López Rioboo, achegouse ata o lugar, acompañada polo alcalde do concello, José Luis García, e a concelleira de Obras, Servizos e Turismo, Begoña Balado, ademais de técnicos do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana. O proxecto contempla a recuperación da construción orixinal, eliminando os engadidos posteriores que se fixeron e adaptando o edificio á normativa vixente e ao seu novo uso como centro cultural, con actividades relacionadas co Camiño de Santiago. As obras contan cun orzamento de 61.404,80 €, aos que hai que engadir outros 65.000 correspondentes ao proxecto. As obras avanzan, pero están pendentes da decisión de Patrimonio ante os restos arqueolóxicos. A.P.