Os seis poemas galegos de García Lorca

Firmas
Froilán Varela

en 1932 Federico García Lorca viaxa a Galicia e queda fascinado por Santiago de Compostela. Dese resplandor xurde Seis poemas galegos do autor granadino da xeración do 27.

Nese libro en galego escrito por un intelectual comprometido fai que a nosa lingua recupere a puxanza dos trobadores e de importantes autores.

A obra publicouse no 1935 no número 73 de Nós. Recientemente a editorial Alvarellos reeditou o texto co engadido de fotos de Lorca en Galicia.

Os seis poemas escribiunos sen unha grande reflexión, con certa impulsividade, pero a obra resulta entrañable. Nela identifica o mar coa morte e refírese moito a paisaxe galega.

Os versos adicados a Santiago son moi fermosos: “Olla a choiva pola rúa/laio de pedra e cristal/olla no vento esvaído cinza do teu mar”. Tamén é impactante Noiturno do adolescente morto: “Mozos imos, vinde axiña, chegar, porque xa ise río mo leva pro mar”. Non podía faltar tampouco unha composición adicada a Rosalía, Corazón de cuna pra Rosalía de Castro, morta. Dice así: “Érguete miña amiga que xa cantan os galos de día”.

A edición de Alvarellos está prologada por Eduardo Blanco Amor. Alonso Montero foi o gran estudioso desta obra do pianista asesinado no 36 polas súas ideas de vangarda.

No 1998 Granada celebrou dúas efemérides do ano de García Lorca: o 120 aniversario do seu nacemento e o centenario da publicación da súa primeira obra Impresiones y paisajes.

Editorial Alvarellos sumóuse a esas celebracións coa publicación da obra El gran viaje de estudios de García Lorca, onde o chegar a Lugo o sensible poeta granadino dille ao seu pai: “non sei se terás que mandarme máis cartos” e eloxiu as ribeiras do Miño. O libro está narrado polo seu compañeiro de viaxe Luis Mariscal e inclúe cartas e escritos do propio Lorca, que o convirte nun texto case facsímile. Na viaxe de estudios ademáis de Mariscal Lorca estivo acompañado doutros catro estudiantes.

En 1916 Lorca tomou unha decisión fundamental da súa vida: abandonar a música e propoñerse ser escritor. Isto sucedeu durante o largo viaxe de estudios por Galicia, Castilla y León. O libro está a proba dos paladares máis esixentes.

A magnífica editorial Fundación O Castro acaba da sacar do prelo a obra completa do poeta granadino.