Uns cen alumnos do Colexio Rural Agrupado de Rianxo plantaron nogueiras en Leiro

Un grupo de cativos do CRA de Rianxo durante a plantación / cedida

Un grupo de cativos do CRA de Rianxo durante a plantación / cedida / redacción

Redacción

Case cen nenos e nenas do Colexio Rural Agrupado de Rianxo, pertencentes ás escolas de Capela, Pazo, Quintáns, Abuín, Cruceiro, Rañó, Cuvide e Outeiro, plantaron nogueiras nunha parcela situada na Lomba-Rañó, por onde discorre o Camiño de Santiago por Barbanza A Orixe.

O traballo que fixeron xunto coas súas mestras contribúe a diversificar as especies de árbores existentes no monte, priorizando as frondosas caducifolias onde se den as características axeitadas.