O Club de Xubilados lousamián fará unha andaina polo Camiño de Muros-Noia en tres etapas

Redacción

O Club de Xubilados de Lousame, en colaboración co Concello, organiza unha andaina polo Camiño a Santiago pola Ría de Muros-Noia, aberta a toda a veciñanza e que terá lugar en tres etapas.

A primeira delas, os 16 quilómetros que separan Porto do Son de Portobravo, terá lugar o vindeiro domingo 7. As persoas participantes concentraranse ás 09.00 horas na Praza do Concello, de onde sairán en autobús ata Porto do Son.

O prezo por participar na actividade é de cinco euros.