Amicos leva ás rúas boirenses a mostra informativa do autismo

Os escolares desfrutaron dun xogo que consistía en adiviñar palabras relacionadas co autismo

Escolares co alcalde e directivos de Amicos en Boiro

Escolares co alcalde e directivos de Amicos en Boiro / AMICOS

j. m. ramos

A exposición itinerante impulsada por Amicos con motivo do Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo chegou a Boiro, despois de visitar Ribeira, Porto do Son e A Pobra do Caramiñal. No acto de presentación participaron o alcalde, José Ramón Romero; a vicepresidenta de Amicos, Digna Iglesias; o director xeral da entidade, Xoán España; e alumnado do CEIPP Praia Xardín e do CEEPR Amicos.

Os escolares desfrutaron dun xogo que consistía en adiviñar palabras relacionadas co autismo, e despois deron lectura a un manifesto para reclamar unha educación de calidade que se adapte ás necesidades e circunstancias de todo o alumnado. Tamén destacaron a necesidade de accións que favorezan a inclusividade.

Despois presentouse a exposición, que se poderá ver ata o día 21 na rúa peatonal Doutor Santos Mieites, fronte á Panadería Susi. A mostra consiste en tres tótems con información sobre o trastorno do especto autista e busca sensibilizar sobre a realidade das persoas con autismo.