A Pobra promove obradoiros para ensinar oficios artesanais

As clases de cestaría serán impartidas por La Parabólica, no Campiño

Amparo Cerecedo, no centro, na presentación do programa

Amparo Cerecedo, no centro, na presentación do programa / CEDIDA

J. M.

Os centros socioculturais da Pobra do Caramiñal dinamizaranse con obradoiros artesáns de balde dentro do programa Feito coas túas mans, que se estenderá ata finais de ano. A concelleira de Promoción Económica, Amparo Cerecedo, presentou as propostas na compaña de José Manuel Riveiro (SonAgasallo), Loaira Pérez (Raposiñas), David Pérez (Noites de Datura) e Carla Martínez (Flow de Meiga).

As clases de cestaría serán impartidas por La Parabólica, no Campiño, os sábados entre o 27 de abril e o 4 de maio. Tamén contará con este taller A Ribeiriña, a cargo de Capixuta, do 18 ao 25 de maio. Noites de Datura será o encargado de ensinar sobre macramé no Camiño Ancho. Será nos mércores de xuño.

O muíño da Ponte Barbanza contará con cerámica da man de Raposiñas os mércores do mes de setembro, e tamén haberá clases para traballar a madeira con SonAgasallo, en Santo Isidro, en outubro, e talleres para aprender a facer xabóns, con Flow de Meiga, na Angustia, en novembro.