O Colexio de Biólogos nomea a Congalsa Empresa do Ano

Destaca tamén o seu compromiso co medio ambiente

Fachada de las instalaciones de Congalsa en el polígono de A Pobra

Fachada de las instalaciones de Congalsa en el polígono de A Pobra / ECG

O Colexio de Biólogos de Galicia celebrará o Día do Biólogo na aldea do Sestelo (Teo) o próximo 16 de maio. Con tal ocasión, entregará varias distincións. Unha delas será a de Empresa do Ano, que otorga á firma pobrense Congalsa, “por ser unha das empresas líder no sector da fabricación de alimentos ultraconxelados a base de peixes e mariscos, apostando polo produto e emprego local, traballando estreitamente con firmas da súa contorna”. Destaca tamén o seu compromiso co medio ambiente, con accións como as que lle permitiron reducir as súas emisións de CO2. Recentemente foi recoñecida como Empresa Circular.