The Cuncas animará o 28 de maio a Romaría do Bandullo de Araño

Haberá outras actividades como xogos populares, un bingo e un karaoke

Imaxe dunha anterior edición, onde se degustou porco ao espeto

Imaxe dunha anterior edición, onde se degustou porco ao espeto / CEDIDA

A parroquia rianxeira de Araño celebrará o vindeiro domingo 28 de maio a terceira edición da Romaría do Bandullo, desta volta dedicada ao polbo e ao churrasco, da man de Pulpería Mera. Como novidade, este ano non será preciso facer reserva previa.

Antes do xantar, haberá unha sesión vermú amenizada polo grupo The Cuncas, que volverá actuar ás 17.30.

Outras actividades das que se poderá desfrutar son os xa clásicos xogos populares, un bingo e un karaoke. A romaría terá lugar no incomparable marco da carballeira, na que tamén haberá un mercado de artesanía.