O Concello da Pobra estuda coa Deputación a reordenación e humanización da rúa Ponte

O executivo local fundamenta a súa proposta na estreitura desa vía provincial

O alcalde da Pobra do Caramiñal, José Carlos Vidal, a concelleira de Obras, Patricia Lojo, a deputada provincial de Vías e Obras, Mónica Rodríguez, e persoal técnico da súa área

O alcalde da Pobra do Caramiñal, José Carlos Vidal, a concelleira de Obras, Patricia Lojo, a deputada provincial de Vías e Obras, Mónica Rodríguez, e persoal técnico da súa área / CEDIDA

O alcalde da Pobra, Carlos Vidal, e a deputada provincial de Vías e Obras, Mónica Rodríguez, mantiveron unha reunión con persoal técnico para analizar a viabilidade da humanización da rúa Ponte e a reordenación do tráfico.

O executivo local fundamenta a súa proposta na estreitura desa vía provincial, a DP-6703, que fai difícil conxugar o tránsito peonil e a circulación de vehículos, dado que en moitos tramos non conta con beirarrúas e o ancho da calzada tampouco optimiza o paso de dous vehículos simultaneamente nos dous sentidos. O Concello encargará un proxecto para presentar nos vindeiros meses na Deputación.