Laxe estrea unha pista de pádel e un parque biosaudable no Cabo da Area

Foron inauguradas por Francisco Charlín e por Roberto García

Charlín e García, en Laxe

Charlín e García, en Laxe / CEDIDA

O Concello de Laxe pon a disposición da veciñanza unha pista de pádel e un parque biosaudable, que inclúe unha bicicleta, unha elíptica, un temón-volante e un banco para abdominais, entre outros aparatos. Unhas instalacións que foron inauguradas polo alcalde, Francisco Charlín, e polo xefe do Servizo Provincial de Deportes, Roberto García.

O rexedor asegura que “fomentar a práctica deportiva e os hábitos de vida saudables son prioridades para o noso goberno, polo que neste mandato iremos reforzando as instalacións para que sexa cada vez máis sinxelo”.