Os asados que conquistan aos consumidores

Calidade, sabor e prezo revélanse como as claves do éxito das elaboraciónsde Embutidos Lalinense 

Os asados que conquistan aos consumidores.

Os asados que conquistan aos consumidores. / Cedida

M. González

Os alimentos de gama alta, tamén coñecidos como de 5ª gama, son aqueles que se presentan listos ou case listos para ser consumidos, xa que moitos deles só precisan ser quentados. Esta opción non debe confundirse cos precociñados, xa que nin o proceso de elaboración nin o resultado final son o mesmo. Caracterízanse porque non se lles engade ningún tipo de aditivo nin conservante, e porque manteñen as súas propiedades organolépticas orixinais, o seu sabor e os nutrintes. Para logralo utilízanse procesos de elaboración tradicional xunto con outras técnicas máis modernas, como o cociñado a baixa temperatura.

As tendas que Embutidos Lalinenseten en Lalín e Agruchave hai tempo que ofrecen aos clientes todo tipo de asados: carrilleiras, xamón, lacón, codillos, costela… converténdose nunha das opcións máis demandadas. O punto de partida é a calidade da materia prima, unha receita tradicional na que non teñen cabida os aditivos, e os métodos de asado que máis respectan as calidades e valores nutricionais do produto. Os asados de Lalinense teñen ademais un prezo moi asequible para o consumidor.

A escolla desta opción, cando cociñar non apetece ou non é posible, ten moitas vantaxes: rapidez, manipulación mínima, máxima calidade polas materias primas empregadas, máis seguridade alimentaria ao reducirse as posibilidades de contaminación cruzada, mellora na xestión das caducidades e menor gasto (menos desperdicio, redución do consumo de auga e electricidade), etc.

A oferta de asados -ata o de agora centrada nas fins de semana, amplíase a todos os días, se ben o aconsellable é reservar. A panceta rechea ou o codillo asado, ambos elaborados só con ingredientes naturais, xa poden mercarse a través da tenda online.

Sen glute, lactosa, conservantes nin aditivos, pero con todo o sabor que lle proporciona unha materia prima selecta, e un cociñado especializado. Os alimentos de gama alta de Lalinense son unha boa escolla para alimentarse de xeito saboroso e saudable.