Entregados os premios dos certames de escaparates e de decoración veciñal en Ames

A gañadora do certame. c. ames

A gañadora do certame. c. ames / redacción

redacción

As gañadoras e gañadores do XVI Concurso de Escaparates de Nadal e do I Concurso de Decoración de Nadal Veciñal de Ames xa recibiron os seus premios nun acto presidido polo alcalde, Blas García, a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, e tres do catro membros do xurado.

O primeiro premio (1.500 €) do certame de escaparates foi para Farmalar, mentres que o Centro de Estudos Lexis acadou o segundo (1.100 €), Peluquería Cristina Bravo fíxose co terceiro (800 €) e Núa levou o cuarto (600 €).

Pola súa banda, Ánxela Jorge Meijide foi a gañadora do concurso de decoración veciñal, e tamén foron premiados Juan Manuel Carballo García, Tania Díaz Fernández e María José Bello Vidal. Cada un deles recibiu un talón por valor de 500 euros.

A concelleira Ana Belén Paz agradeceu “o gran traballo” do xurado e destacou que estas iniciativas “serven para dinamizar o comercio local e tamén para darlle maior colorido e animación ás rúas dos núcleos urbanos e ao rural. Agardamos que estes concursos continúen medrando”.

Pola súa banda, o alcalde da localidade, Blas García, subliñou que o certame de escaparates “xa está afianzado e todos os anos ten unha gran participación”. Destacou tamén a boa acollida da decoración veciñal “polo que agardamos poder convocar máis edicións desta iniciativa”.