Valoran en 8,51 millóns de euros a difusión mediática da Feira do Cocido de Lalín

Imagen de archivo de un cocido en las jornadas de la Feira

Imagen de archivo de un cocido en las jornadas de la Feira / ECG

Redacción

A concelleira de Turismo de Lalín, Begoña Blanco, destacou o “histórico retorno” que tiveron todos os actos da Feira do Cocido en difusión e promoción do municipio, da cita e dos produtos locais.

En apenas dous meses de campaña, e por celebrarse aínda dous dos eventos máis mediáticos, como o Rali do Cocido e o Campionato do Mundo de Enduro, a Feira do Cocido totaliza xa 702 artigos de prensa, radio, televisión e web.

Esta cifra de mencións en prensa eleva ata os 8,51 millóns de euros a Suma AVE (valoración económica da difusión mediática da feira) e unha Suma OTS (número de impresións ou potencial audiencia das novas recollidas) de 1.060 millóns de espectadores, lectores ou televidentes. Estas cifras de retorno e difusión superan de xeito importante ás de 2020, que multiplicaban por 4 ás dos anos anteriores.

“No análise de medios certificado por Kantar Media a través da súa aplicación Onclusive recóllense ata vinte reportaxes en todas as televisións nacionais”, explicou ao respecto a edil lalinense.