Aposta polo galego do profesor rockeiro de Caión José Carballido

Añón, esda., Carnota, Roca, Carballido e Lestón / a sombra dos soños

Añón, esda., Carnota, Roca, Carballido e Lestón / a sombra dos soños / J. M. R.

José Carballido, profesor de música no CEIP de Caión, compositor e rockeiro de vocación, vén de lanzar un novo proxecto musical exclusivamente en galego: A sombra dos soños. Un disco do que xa se pode escoitar nas plataformas o primeiro single, titulado O emigrante namorado.

Unha canción que conta “historias que hai que lembrar” e na que afloran sentimentos e vivencias que, segundo Carballido, “é preciso poñer en perspectiva”.

Nos vindeiros dous meses lanzará outros catro sinxelos e no mes de maio poderase escoitar xa o disco completo. Este é o seu primeiro traballo para adultos en galego. Asegura que “o rock na lingua da terra ten unha sonoridade máis próxima, soa máis carriñoso e máis intenso”.

Un traballo no que a voz de José Carballido está arroupada por un grupo de grandes profesionais da música, entre eles o seu compañeiro de profesión e director do CEIP de Caión, José Roca, ao teclado; Diego Lestón, na batería; Daniel Añón, coa guitarra eléctrica e Lalo Carnota, co baixo.