Cee dotará de depuradora ao núcleo de Porcar e mellorará viais do medio rural e urbanos

O Concello de Cee licitou os proxectos incluídos no POS Adicional 2022 por un valor total de 215.053,88 euros. Entre as actuacións previstas figura a instalación dunha estación depuradora de aguas residuais no núcleo de Porcar, na parroquia de Lires.

Estará dimensionada para o tratamento dunha carga contaminante de corenta e cinco habitantes equivalentes, e permitirá conectar a ela a nova rede de saneamento do devandito lugar, segundo informou a alcaldesa, Margarita Lamela.

Ademais, no plan tamén se contempla a renovación das canalizacións de pluviais e fecais na rúa Pepe do Pocho, da capital municipal. Asemade, pavimentarase cun triple tratamento asfáltico un vial en Pereiriña sobre a actual base de zahorra, e en Toba de Abaixo tamén se mellorará unha estrada. O proxecto contempla igualmente a limpeza das cunetas.

No lugar de Raso pavimentarán con formigón unha das vías interiores e habilitarase unha cuneta para recoller as augas pluviais.