A clausura en París da mostra ‘Foi un home’ pecha o ano dedicado a Laxeiro

Rodríguez, no atril, na clausura da exposición de Laxeiro en París

Rodríguez, no atril, na clausura da exposición de Laxeiro en París / Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia puxo o colofón no Instituto Cervantes de París a un ano de reivindicación do legado do artista lalinense Laxeiro, un dos pintores galegos máis relevantes do século XX e figura destacada da vangarda pictórica española. Este luns finalizou na capital francesa o percorrido da exposición itinerante Foi un home. Laxeiro en América (Buenos Aires, 1950-1970), que sumou nesta última estadía, entre o 27 de xaneiro e o 13 de marzo, máis de 1.000 visitantes. A iniciativa da Xunta (organizada a través da Fundación Cidade da Cultura co apoio do Concello de Lalín) xurdiu despois de que a Real Academia Galega de Belas Artes decidira dedicarlle a Laxeiro en 2022 o Día das Artes, e viuse reforzada coa implicación do Instituto Cervantes de París e da Embaixada de España en Francia, ademais da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando en Madrid, unha das institucións culturais máis lonxevas de España, da que o propio pintor foi alumno. A mostra abriuse simbolicamente na terra natal de Laxeiro, en Lalín.

TEMAS