A Policía Nacional expediu 80.000 documentos en seis anos na unidade de Carballo

Evencio Ferrero, á dereita, con Ramón Gómez, na oficina / C. carballo

Evencio Ferrero, á dereita, con Ramón Gómez, na oficina / C. carballo / redacción

Redacción

Cando está punto de cumprir seis anos, a Unidade de Estranxeiría e Documentación da Policía Nacional de Carballo leva tramitados máis de 80.000 documentos, entre DNI e pasaportes. Máis do 30 % das persoas que utilizan o servizo son residentes no municipio, pero máis do 60 % proceden dos concellos da contorna, xa que esta é a oficina de referencia para toda a Costa da Morte.

Coincidindo con este sexto aniversario, o xefe superior da Policía de Galicia, Ramón Gómez, achegouse a Carballo para coñecer as instalacións. Estivo acompañado polo xefe provincial de Policía da Coruña e pola secretaria xeral. Acompañáronos na súa visita o alcalde carballés, Evencio Ferrero, e os concelleiros locais Juan Seoane e Luis Lamas.

Gómez Nieto sinalou que esta unidade é a mellor valorada de Galicia e anunciou a inminente incorporación dun cuarto funcionario.