Alta costura na Mostra do Encaixe

Deseños da colección ‘Baila Marica’ do deseñador galego Esteban Freiría / esteban freiría

Deseños da colección ‘Baila Marica’ do deseñador galego Esteban Freiría / esteban freiría / josé m. ramos

A moda con puntillas será, un ano máis, un dos grandes reclamos da Mostra do Encaixe de Camariñas, que acollerá na súa pasarela as creacións de trece grandes deseñadores. A organización xa confirmou o nome de dous deles: Franco Quintáns e Esteban Freiría, dous galegos que son ben coñecedores da feira internacional de bolillos camariñana.

Modelo lucindo un deseño de Esteban Freiría / e. freiría

Modelo lucindo un deseño de Esteban Freiría / e. freiría / josé m. ramos

Así, Franco Quintáns retomará o seu idilio con Camariñas nesta trinta e dúas edición, despois de cinco anos sen presentar unha colección na Mostra do Encaixe, aínda que o pasado ano participou como xurado do concurso de Noveis Deseñadores. Este ano amosará catro conxuntos da súa colección Motomami, que está integrada por vestidos de festa nos que aplica encaixes e que, segundo indica, a súa presenza na pasarela será “un renacemento, volver ás miñas orixes e onde todo comezou, xa que o meu primeiro desfile foi en Camariñas”.

Franco Quintáns nunha edición da Mostra /mostra encaixe

Franco Quintáns nunha edición da Mostra /mostra encaixe / josé m. ramos

Por devires da vida, Quintáns non puido participar nas últimas edicións, pero desta volta faille “especial ilusión, nun lugar que te acolle como un fogar e onde sempre queres voltar”, explica.

Asegura que o encaixe de Camariñas “apórtalle riqueza, destaca a prenda na que se aplica e outórgalle autenticidade, tradición e artesanía. Temos que potenciar a artesanía, que ten moito que dicir de Galicia e do pobo galego”, engade, e avoga por “non perder nunca a nosa tradición”.

Pola súa banda, Esteban Freiría, nado en Vigo pero afincado en Marbella, onde vive desde hai máis de dúas décadas, adianta que converterá a pasarela da Mostra do Encaixe “en discoteca de moda”.

Esta será a súa novena participación na feira das puntillas de Camariñas, un evento para o que non ten máis que boas palabras, ao igual que para o encaixe. “La Mostra para mí es volver a ver a mis amigos, volver a casa y, profesionalmente, supone superarme a mí mismo, intentando siempre hacer una colección que cada vez me ponga el listón más alto”, afirma.

Este ano presentará a colección titulada Baila Marica, inspirada no traxe do tuno, “que es del siglo XV, y le he dado una vuelta, lo he reinterpretado para hacer trajes de gogó de una discoteca, dándole un giro a un traje muy aburrido. Quiero convertir la pasarela en una discoteca de moda y los y las modelos serán los gogós”, engade ao respecto.

Esteban Freiría aposta ano tras ano pola Mostra do Encaixe porque cre que “Camariñas está más de moda que nunca, pero el año que viene lo estará todavía más. Lleva de moda muchos años porque desde la organización siempre intentan superarse. Lo que más me gusta de ellos es que no son planos a la hora de hacer las cosas, pues van creciendo e intentando potenciar los desfiles, cambiar, mejorar...”, conclúe.

Na pasarela de moda de Camariñas tamén poderán verse este ano as coleccións de corenta mozas e mozos que están a dar os primeiros pasos no mundo do deseño. Participarán no XXIX Concurso de Noveis Deseñadores, que repartirá 4.500 euros en premios. Como novidade nesta edición estrearase a categoría de colección máis comercial.

Outras das innovacións será o desfile ReEncaixando, que volverá traer á Mostra do Encaixe as coleccións dalgúns dos participantes do concurso da anterior edición de 2022. Pola pasarela pasarán tamén os deseños das palilleiras internacionais e os creados polo alumnado das escolas municipiais de palillo e as encaixeiras sénior de Camariñas.

PATROCINIO.

A empresa Stolt Sea Farm volverá ser un dos principais patrocinadores da XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas. A alcaldesa da localidade, Sandra Insua, xunto coa concelleira do Encaixe, Encarna Liñeiro; a directora da Mostra, Dolores Lema; e o director de Sustentabilidade de Stolt Sea Farm, Carlos Tavares, definiron as liñas do acordo de colaboración entre ambas entidades.

Deste xeito, a empresa contribuirá á promoción do Encaixe de Camariñas, co obxectivo de financiar as actividades que sexan necesarias para pór en valor á muller como elemento dinamizador do municipio a través do seu labor de palilleira. Ademais, tamén organizará unha degustación de rodaballo no recinto da Mostra e os seus representantes farán entrega do segundo premio dos Noveis Deseñadores. Por outra banda, a oferta gastronómica complementarase con degustacións de polbo.

Subliñar ademais que os pais e nais poderán deixar aos máis pequenos para que gozen de múltiples actividades no parque infantil que se habilitará no pavillón Víctor Vigo, onde se celebra a feira das puntillas. Contará con monitores cualificados.