Silleda informará aos afectados polo vertedoiro de Pazos

Manuel Cuiña, alcalde de Silleda

Manuel Cuiña, alcalde de Silleda / ECG

redacciónredacción

O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, manterá un encontro ca plataforma de persoas afectadas polo vertedoiro de residuos previsto na parroquia de Pazos. A xuntanza, que xa quedou fixada este luns a petición da plataforma, terá lugar o vindeiro venres día 17 ás 17.00 horas no centro social da parroquia de Pazos. O alcalde explica que os técnicos municipais están xa a estudar o proxecto presentado pola empresa promotora, e que vén de someterse por parte da Xunta á avaliación ambiental, nun denso documento de máis de 700 páxinas. “O Concello de Silleda sempre estará do lado do interese xeral, no marco das súas competencias, como vimos facendo con outros casos, como por exemplo o da gasolineira de Plenoil”, indicou. O persoal técnico xa está a avaliar a documentación remitida pola Xunta de Galicia de cara a realizar os informes correspondentes.