O Pino oferta 50 prazas para o programa Lecer Semana Santa

Rapazada nunha actividade de conciliación / Concello de o pino

Rapazada nunha actividade de conciliación / Concello de o pino / redacción

Redacción

O Concello de O Pino abriu o prazo de solicitude para participar no Lecer Semana Santa 2023, o campamento urbano destinado a nenas e nenos de 3 a 12 anos para favorecer a conciliación durante as vacacións escolares. As actividades desenvolveranse no pavillón municipal e exteriores do CPI Camiño de Santiago en catro sesións: os días 3, 4, 5 e 10 de abril. O horario vai das 08.30 ás 14.30, podendo efectuarse a recollida das rapazas e rapaces a partir das 13.30 horas. O programa ten un custo de 10 euros, se ben hai descontos para familias numerosas a partir do segundo menor inscrito. O Lecer Semana Santa 2023 ofrece 50 prazas para aquelas familias do municipio con necesidades de conciliar a vida laboral e familiar. Para que o programa se leve a cabo deberá haber un número mínimo de solicitudes. De superarse a oferta existente, terán preferencia, por esta orde, os menores empadroados no Concello de O Pino, aqueles en situacións de risco (segundo o criterio técnico das profesionais dos Servizos Sociais) ou as familias monoparentais.