A concellería de Servicios Sociais de Malpica puxo en marcha un servizo de fisioterapia gratuíto para persoas con dependencia recoñecida. Trátase dunha iniciativa pioneira na Costa da Morte. “A prioridade sempre son as persoas que máis o precisan e sempre estamos a traballar para dar aos nosos veciños e veciñas una boa calidade de vida”, afirma a concelleira Marisol Blanco. O servizo financiarase cos fondos do POS Adicional e as persoas interesadas poden obter máis información no departamento de Servizos Sociais ou chamando ao 981 720280.