Outes vai ampliar o campo de fútbol do Conchido e dotalo de novo céspede artificial

Campo de fútbol do Conchido

Campo de fútbol do Conchido / ECG

Redacción

A Corporación municipal de Outes aprobou o inicio do expediente para a sinatura dun convenio coa Deputación Provincial da Coruña destinado á ampliación e renovación do céspede artificial do campo de fútbol do Conchido.

A actuación implica a ampliación das dimensións do campo para cumprir cos estándares regulamentarios. O custe total do proxecto ascende a 276.000 €, dos cales á Deputación achegará 140.000 €.

O Concello comprométese a achegar o resto do importe, con fondos propios ou con axudas doutras administracións. O alcalde, Manuel González, quixo agradecer a implicación da Deputación con esta obra e destacou o compromiso do executivo local co fútbol de base e co Outes Fútbol Club, “iniciado xa en 2019 coa substitución da cuberta do graderío e coa construción dun almacén e que continuará coa próxima mellora do alumeado do campo”, dixo.