Rianxo lembrará a Manuel Antonio cun documental, un recital e unha curtametraxe

A intervención poética correrá a cargo de Teresa Zincke, Ánxela Vidán e J. A. Jimémez

Retrato de Manuel Antonio /c.

Retrato de Manuel Antonio /c. / redacción

Redacción

O auditorio de Rianxo acollerá os días 24 e 25 unha serie de actividades audiovisuais ao redor da figura do poeta local Manuel Antonio. O venres proxectarase ás 20.30 horas o documental O aparecido, de J. A. Jiménez e F. Naveira. Logo será o coloquio.

O sábado ás 20.30 horas proxectarase a curta Manuel Antonio, promovida polo movemento artístico teatral dos anos 80 na cidade da Coruña e na que interveñen como actores Santiago Prego, Víctor Mosqueira e Francisco Jorquera, entre outros. A continuación haberá un recital poético a cargo de Teresa Zincke, Ánxela Vidán e J. A. Jiménez.