Boiro renova a participación na iniciativa ‘Europa no teu Concello’ dirixida á mocidade

O obxectivo é achegarlles publicacións e outros materiais e facilitarlles a mobilidade internacional

Concello de boiro

Concello de boiro / Suso Souto

Redacción

O Concello de Boiro participa un ano mais na iniciativa Europa no teu Concello do centro Europe Direct A Coruña de información da Comisión Europea que depende da Deputación da Coruña e que ten como obxectivo implicar aos mozos e mozas, facilitar a súa mobilidade internacional e fomentar a súa participación.

O Concello de Boiro renova a súa adhesión a este proxecto para pertencer á rede descentralizada de puntos locais de información europea nos concellos da provincia da Coruña para achegar información europea aos mozos e mozas. O espazo destinado a ofrecer información sobre iniciativas europeas é o Centro Social de Boiro.

A mocidade de Boiro pode acceder así a publicacións oficiais das institucións europeas, materiais editados por Europe Direct A Coruña, información periódica coas últimas novidades en oportunidades para a xente moza, accións e campañas de sensibilizació, segundo informan desde o Concello.

Por outra banda, a comunidade educativa de Boiro, no marco do proxecto Espazo Familias, promove un novo ciclo de charlas formativas destinadas ás familias. A primeira terá lugar o mércores, día 22, a partir das 18.00 horas no centro social, e terá como relatora a Anabel Mosquera, pedagoga, formadora e experta en adicións. O día 12 de abril será o turno do educador social Jaime Bello e o día 26 pechará o ciclo Alba Pérez.