Dúas mil persoas desfrutaron da popular Festa da Filloa da localidade fradense de Abellá

Os fradenses disfrutaron das filloas con lacón /concello de frades / REDACCIÓN
Redacción
A IX Festa da Filloa de Abellá (Frades) foi todo un éxito de participación, onde preto de 2.000 persoas pasaron ao longo do sábado 18 de marzo polo pavillón municipal de Abellá para degustaren as filloas con lacón, acompañadas dunha boa taza de caldo galego. Uns pratos que foron posibles grazas ao labor das e dos filloeiros, así como de todas as persoas voluntarias que participaron no evento ao longo de toda a xornada.
A festa estivo amenizada polos gaiteiros do grupo Son da terriña, da parroquia de Galegos, así como pola orquestra Barceló e Chocolate Disco Móvil, que fixo que a festa se prolongara ata a madrugada do domingo. Así mesmo, os máis cativos puideron gozar de inchables e divertidos obradoiros.
Organizada pola asociación de veciños Os Labregos de Abellá, sempre en colaboración co Concello de Frades, é de destacar que a festa conta co financiamento do Agadic, Next Generation EU, Ministerio de Cultura e Deporte, Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, dentro do proxecto Centro de Cultura Tradicional do Concello de Frades.
- Ganadera en Melide e 'influencer' del rural: «A mi padre le decían: 'Qué pena que no sea un chaval para poder conducir el tractor'»
- Estos son los ocho restaurantes de Santiago con la mejor relación calidad-precio
- La CIG convoca asambleas para decidir cuándo reiniciar la huelga de autobuses en Santiago
- La CIG espera cita con la patronal: si no hay acuerdo el lunes se reactiva la huelga de buses indefinida en Santiago
- Nueva subida del Tambre y reunión vecinal ante los desperfectos en los históricos molinos de A Ponte Maceira
- Santiago despide a Pepe del Latino, un referente de la hostelería en el Ensanche
- Carlos Cuerpo sitúa a Galicia en la “ventana de oportunidad” del nuevo ciclo económico
- Voto de confianza al alcalde de Negreira para arreglar los ruinosos molinos de A Ponte Maceira