Elisa Añón únese ao club de centenarias do Concello larachés

Elisa Añón co alcalde e a edil

Elisa Añón co alcalde e a edil / Concello de A Laracha

Elisa Añón Pereiro, veciña do Igrexario de Lestón, vén se sumarse ao selecto club de larachesas que alcanzaron o século de vida. No día do seu 100 aniversario recibiu a felicitación do alcalde, José Manuel López, e da concelleira de Servizos Sociais, Rocío López.