A música e o humor de Touriñán amenizarán a Mostra do Encaixe

Xosé Antonio Touriñán actuará na Mostra do Encaixe de Camariñas

Xosé Antonio Touriñán actuará na Mostra do Encaixe de Camariñas / Concello de Camariñas

Redacción

O CPI As Revoltas, de Cabana de Bergantiños, será obxecto dun plan de reforma que contempla a renovación da cuberta, das carpinterías e o sistema de illamento térmico exterior (SATE). Unhas actuacións que requerirán dun investimento de case 700.000 euros, segundo confirmou o delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, durante a súa visita ao centro.

O proxecto contempla a colocación de illamento nas fachadas do edificio antigo cara ao paseo marítimo, así como na totalidade dos módulos de administración e secundaria, e a substitucións das cubertas metálicas por outras de panel sándwich. Non se actuará sobre as cubertas de tella.

Ademais, substituirán as carpinterías das aulas do edificio orixinal por outras de PVC, mentres que no módulo de administración e secundaria serán de aluminio.

Trenor, que estivo acompañado pola alcalde de Cabana, José Muíño, e polo xefe territorial de Educación, Indalecio Cabana, sinalou que este tipo de actuacións buscan “transformar e adaptar os centros educativos de acordo cos novos retos tecnolóxicos e ambientais facéndoos máis confortables, seguros e sostibles”. Todas elas están enmarcadas no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica impulsado pola Consellería de Cultura e Educación.

A XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas, que se celebrará do 5 ao 9 de abril, será amenizada cun amplo e variado programa de música, baile, folclore e humor.

O artista Xosé Antonio Touriñán será un dos protagonistas. Achegarase á feira das puntillas para presentar o sábado, día 8 ás 20.30 horas, o seu monólogo Aquí tou! Adianta que quenes se acheguen “van rir moito” cun espectáculo que “está construído a base de historias da miña vida, algunha de antes de que eu nacera, e tamén do que espero do futuro”.

A actuación cómica do coruñés dará continuidade á exhibición do club Arte e Movemento, o sábado ás 11.30 horas, na que se mesturarán danzas caribeñas, latinas e estándar.

O día da inauguración, o mércores 5 a partir das 18.00 horas, DJ Sonic1 estreará a versión dance da canción Camariñas, acompañado da cantante Alicia Bautis e da música da Danza de Arcos. E o peche á feira das puntillas chegará da man do rapeiro camariñán Lopes, que protagonizará o concerto de clausura o domingo 9 a partir das 21.00 horas.

Ademais durante os cinco días da Mostra do Encaixe actuarán as agrupacións folclóricas Abrindo Rejo, Con todo en banda, Vaiche boa, Asociación Mar Devalado de Camelle e Asociación As Cansorriñas. Tamén se celebrará o cuatro Encontro de Corais.