O Concello de Ribeira iniciou as obras de ampliación do parque infantil de Arrochela, situado fronte á zona portuaria de Palmeira.
Vaise demoler a xardineira que o circunda e parte do pavimento de adoquín da praza onde se enclava, gañando así un espazo que permitirá instalar novos xogos que complementen aos existentes.
Tamén se estenderá unha capa de caucho continuo nas áreas de seguridade e céspede artificial na superficie restante. O orzamento das obras é de 39.798 euros.