Versos de 24 poetisas complementan os retratos femininos de Vidal en Ribeira
O Museo do Gravado de Ribeira deu cabida este mércores ao acto de inauguración da exposición fotográfica Nós somos elas, que estará aberta ata o día 13 de abril. A mostra, de carácter itinerante e promovida pola Deputación Provincial da Coruña en colaboración coa Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, consta de 24 fotografías pertencentes ao arquivo fotográfico de Xosé Vidal e que forman parte da colección permanente do Museo do Mar de Laxe. Trátase fundamentalmente de retratos femininos, tomados no ámbito privado e familiar, e cada un deles está asociado á voz de 24 poetisas contemporáneas que aportan os seus versos: Ana Romaní, Antía Otero, Berta Dávila, Chus Pato, Clara Vidal, Dores Tembrás, Eli Ríos, Emma Pedreira, Estíbaliz Espinosa, Eva Veiga, Helena Villar Janeiro, Lucía Aldao, Lucía Novás, Luz Pozo Garza, María do Cebreiro, Marica Campo, Marta Dacosta, Medos Romero, Mercedes Queixas, Miriam Ferradáns, Olga Patiño, Pilar Pallarés, Rosalía Fernández Rial e Yolanda Castaño.
- Localizan a cinco millas de Cabo Fisterra el cadáver del tripulante del velero encontrado a la deriva
- Así es la ruta entre cascadas y molinos más bonita de Ames: apta para hacer con niños y a veinte minutos de Santiago
- David Santomil deixa a Corporación amesá tras doce anos para dar paso a unha renovación xa “rodada” no Bloque
- Padrón consegue máis de 60.000 euros para desenvolver o embelecemento turístico do Sar
- Cuatro vecinos de Noia y Ribeira, detenidos en Outes como supuestos autores de un robo en una vivienda
- Cae un grupo criminal al que se le atribuyen más de 40 robos de herramientas y maquinaria por Costa da Morte
- Objetivo: superar el medio millar de bicas en Santiago y Ames para combatir la esclerosis de la mano de ACEM
- Gonzalo Louzao substituirá a José López na alcaldía da Estrada