A Laracha abre ao público o Skatepark
![O alcalde, segundo pola esquerda, no acto de recepción da obra do Skatepark](https://estaticos-cdn.prensaiberica.es/clip/b51399df-828b-4916-af44-1433df7c5232_16-9-discover-aspect-ratio_default_0.jpg)
O alcalde, segundo pola esquerda, no acto de recepción da obra do Skatepark / Concello da Laracha
O parque de patinaxe Skatepark creado polo Concello na parte traseira do IES Agra de Leborís xa está dispoñible para o uso e desfrute da cidadanía. Unha vez finalizada a execución do proxecto, este xoves procedeuse á recepción das obras desta nova infraestrutura deportiva municipal e á posterior apertura ao público a cargo do alcalde, José Manuel López Varela, que estivo acompañado polo concelleiro de Urbanismo e Obras Públicas, Jesús Souto, a edil de Deportes, Patricia Bello, e o director da obra.
O Skatepark da Laracha dispón de diferentes tipos de planos inclinados e costas para ofrecer aos usuarios un amplo abano de posibilidades de movementos, piruetas e acrobacias para as diversas disciplinas. Tamén conta cunha fonte de auga potable, iluminación en báculos e proxectores simétricos LED.
O investimento para a execución deste proxecto alcanzou os 155.000 euros financiados integramente con fondos propios municipais coa fin de aumentar os equipamentos deportivos e ofrecer unha nova opción para potenciar os estilos de vida saudables especialmente entre o público adolescente e xuvenil.
O Concello esta a converter este espazo na parte traseira do IES Agra de Leborís nunha zona deportiva de referencia na capital municipal para a práctica libre de diversidade de disciplinas. Ademais do parque de patinaxe, tamén hai dispoñibles dúas pistas polideportivas, e nestes momentos está en execución outro proxecto valorado en 177.000 euros que contempla a creación dun circuíto de calistenia e dunha ampla zona axardinada, ademais da ampliación da beirarrúa.
- El Correo Gallego - Diario de la capital de Galicia
- La lluvia reaparece en el verano de Galicia: este es el pronóstico de MeteoGalicia para el fin de semana
- La misa y ofrenda floral en honor a Rosalía de Castro congregan a más una treintena de instituciones gallegas
- Dos menores heridas en Muros al saltar desde un puente cuando pasaba un barco por debajo
- Impresionante chalet de ensueño en Santiago de Compostela: a 10 minutos del centro y 30 de la playa, todo un lujo a buen precio
- Esta es la aldea gallega que se encuentra al borde de los acantilados más altos de Europa: en la provincia de A Coruña
- La ola de calor se atenúa en Galicia: el alivio será temporal porque así se prevé el tiempo
- Os premios Alba de Compostela conseguen unir a todos os membros da Corporación local