O centro médico larachés foi elixido como modelo na guía técnica de solucións innovadoras en madeira estrutural

O edificio, deseñado por Ezcurra e Ouzande, pon en valor o uso de especies forestais na construción

Presentación da guía da madeira en construción / concello da laracha

Presentación da guía da madeira en construción / concello da laracha / redacción

Redacción

O centro de urxencias extrahospitalarias da Laracha, deseñado por Ezcurra e Ouzande Arquitectas, é un dos exemplos incluídos na guía técnica de solucións innovadoras en madeira estrutural na arquitectura galega por poñer en valor as especies forestais e promocionar a madeira na construción.

A guía, presentada este venres na Fundación Laboral da Construción, ten como finalidade divulgar aqueles traballos de grande calidade arquitectónica ou singularidade estrutural nos últimos anos en Galicia dando a coñecer autores, solucións técnicas novas, produtos utilizados e empresas vinculadas ao sector da construción en madeira estrutural que participasen nas obras.

O obxectivo é dar a coñecer as posibilidades da construción con madeira estrutural e as calidades da mesma, especialmente desde un punto de vista técnico, de forma que o seu coñecemento provoma unha maior demanda deste titpo de produtos e conciencie sobre un consumo responsable.

O Concello da Laracha estivo representado na presentación polo edil de Urbanismo, Obras Públicas e Patrimonio, Jesús Soto.