Escolares do CEIP Ponte do Porto aprenden as claves para facer un uso responsable da auga

Escolares do CEIP Ponte do Porto nas xornadas do Día da Auga / xunta

Escolares do CEIP Ponte do Porto nas xornadas do Día da Auga / xunta / REDACCIÓN

REDACCIÓN

Escolares do CEIP Ponte do Porto, de Camariñas, participaron en talleres impartidos pola Xunta con motivo do Día da Auga para afondar no uso responsable da auga e nas boas prácticas para evitar a contaminación. O obxectivo desta iniciativa é aumentar a sensibilización ambiental entre os máis novos, fomentando a adquisición de coñecementos relativos á contaminación e á depuración das augas residuais urbanas.

O alumnado de 1º e 2º de Primaria coñeceu a importancia da auga para a vida e a necesidade de protexela, así como o funcionamento e características dunha depuradora. Estes temas trasladáronse a través de presentacións didácticas e visuais, vídeos ou animacións co fin de acadar unha aprendizaxe doada e entretida.

O taller tamén incluíu unha práctica de descontaminación da auga, que consistiu na creación de auga residual nuns recipientes e no simulado posterior dos elementos dunha planta real: filtración, rascado superficial, decantación, aspiración, axitación e aireación.