Estudantes de catro rexións gravan na costa noiesa un documental

Charla con Ángel Carracedo / catro climas

Charla con Ángel Carracedo / catro climas / J. M.

O IES Virxe do Mar, de Noia, acolle esta semana a estudantes de Andalucia, Cantabria e a Comunidade Valenciana que forman parte da agrupación escolar Catro Climas, liderada polo instituto noiés e financiada polo Ministerio de Educación. O colectivo ten como obxectivo producir documentais para avaliar a situación das pradarías mariñas e a súa relación co cambio climático en Noia, Santoña, Donaña e na illa de Tabarca. Os anfitrións son bos coñecedores da situación porque as estudaron para producir os guións literarios e técnicos, así como os story board.

Ademais da gravación, os estudantes participarán nun amplo programa de actividades. Este luns visitaron o Parque Natural de Corrubedo e participaron nunha charla-coloquio co doutor Ángel Carracedo, director do Centro Nacional do Genotipado de España. O martes visitarán a vila noiesa, o laboratorio e o hatchery da confraría no Freixo e sairán a navegar a bordo do Vieta pola ría de Muros-Noia.

E o sábado, día 1 de abril, os estudantes noieses viaxarán a Cantabria para seguir coa produción do documental incluíndo as imaxes da pradaría de Santoña. Tamén se desprazarán os alumnos da Comunidade Valenciana e os andaluces contectaranse telematicamente.