Reforzarán a seguridade e ampliarán as beirarrúas da estrada de Bermún, en Cee

As obras, orzamentadas en más de 647.000 euros, serán financiadas pola Deputación da Coruña

A alcaldesa de Cee, Margarita Lamela, e o presidente da Deputación, Valentín González, impulsaron a mellora da estrada de Bermún.

A alcaldesa de Cee, Margarita Lamela, e o presidente da Deputación, Valentín González, impulsaron a mellora da estrada de Bermún. / Concello de Cee

A veciñanza de Bermún (Cee) e o alumnado da escola infantil de Pereiriña serán o principais beneficiarios das obras de mellora da seguridade da estrada provincial DP-2303 ao seu paso por Bermún, que a Deputación vén de sacar a licitación este luns.

Unha actuación que conta cun orzamento de 647.220,11 euros e as empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o 24 de abril. O proxecto inclúe a mellora dos itinerarios peonís, acondicionando as beirarrúas existentes e ampliándoas ata os dous metros. Ademais renovarase o pavimento da senda de aglomerado existente e prolongarase cara o sur, ata o cruce de Lobelos, e cara o norte, construíndo neste caso por ambas marxes dúas sendas de 2 metros de ancho ata a finalización do núcleo de Bermún, dotándose na marxe esquerda de aparcamentos en liña. Ademais, mellorarase a drenaxe coa instalación dunha cuneta de seguridade dotada de sumidoiros e tubaxes de pluviais para evitar a acumulación de auga.

A alcaldesa de Cee, Margarita Lamela, asegura que con estas obras dáse resposta a unha demanda que o seu goberno plantexou á Deputación en novembro de 2021 e que “logo dos previos trámites administrativos, agora faise realidade coa súa licitación”. Agradece o apoido do presidente provincial a este proxecto e asegura que “a humanización e a seguridade viaria en Bermún é unha mostra do compromiso da Deputación con Cee e a súa veciñanza”.