Recuperados quince topónimos laracheses en Golmar en Soutullo

Novo modelo de placa de numeración das vivendas do municipio larachés

Novo modelo de placa de numeración das vivendas do municipio larachés / Concello da Laracha

Redacción

O Concello da Laracha incorporará ao padrón municipal 10 topónimos de Golmar (O Campo, Golmar do Medio, A Revolta, O Regueiro, As Camposas, O Carballo, As Orxeiras, A Rocha, A Gouxa e San Bernabé) e outros 5 en Soutullo (Vilanova, O Melio, A Xesteira, Vente e O Fieital). O goberno local puxo en marcha unha iniciativa para recuperar a totalidade dos topónimos das trece parroquias do municipio, o que implica tamén a remuneración das vivendas do rural para regresar ao ordenamento antigo dos anos 90, por ser máis óptimo.