A unidade móbil de doazón de sangue estará mañá e o sábado en Bertamiráns

O horario de atención será de 9:30 a 14:30 horas e de 15:30 a 21:00 horas o venres 31, e de 10:00 a 15:00 horas o sábado 1 // A unidade estará situada na avenida da Maía

A unidade móbil de doazón de sangue

A unidade móbil de doazón de sangue / ECG

Redacción

A unidade móbil de doazón de sangue estará este venres, 31 de marzo, e o sábado, 1 de abril, en Bertamiráns, na avenida da Maía (diante da praza da Maía). O horario de atención será de 9:30 a 14:30 e de 15:30 a 21:00 horas no caso do venres 31, mentres que o sábado se atenderá de 10:00 a 15:00 horas. Na situación actual, a unidade traballa cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e das persoas doantes. Ademais, disponse dun teléfono gratuíto para consultar as dúbidas sobre a doazón, o número 900 100 828. 

Os únicos requisitos para poder doar son ser maior de 18 anos e pesar máis de 50 quilos. É necesario almorzar e esperar dúas horas para acudir despois de xantar. As persoas doantes deberán identificarse coa súa tarxeta de doazón, DNI ou documento similar. Ademais, haberá que informar ao médico se se está tomando algún tipo de medicamento.

#súmateaonosoquipo

A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) subministra compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia. Cada día, as doazóns de sangue recollidas nos locais de doazón e nas 10 unidades móbiles que percorren os concellos galegos envíanse ás dependencias de ADOS para o seu procesamento, análise e distribución.

Os hospitais galegos precisan 10.000 doazóns de sangue cada mes, para persoas que son sometidas a intervencións cirúrxicas, que sufriron accidentes de tráfico ou laborais, que padecen anemias, hemorraxias, cancro, leucemia, transplantes de órganos… Cada día, os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue.