O festival de curtametraxes Olloboi reunirá a 150 escolares en Boiro

Ana Moreiras, esquerda, Hermo e Outeiral / c.

Ana Moreiras, esquerda, Hermo e Outeiral / c. / suso souto

O municipio de Boiro acollerá do 22 ó 26 de maio o festival audiovisual Olloboi, dirixido a centros educativos de toda Galicia e no que está previsto que participen uns 150 escolares. O prazo para presentar curtas está aberto ata o cinco de maio. Premiaranse cuestións como interpretación, videoclip, imaxe, guión, animación, videocreación, etc. A concelleira de Cultura, María Outeiral, e as organizadoras do festival, Ana Moreiras e Sara Hermo, presentaron a programación, que este ano dará un salto cualitativo, pois vai durar oito días. Entre as actividades figuran presentacións literarias, proxeccións e encontros coa xuventude. O venres 26 será o día central, coa visualización das curtas. A organización contará con 25 cómplices este ano, entendidos do cine que están a desenvolver proxectos e colaboran no desenvolvemento do festival. Entre eles, profesionais do equipo de As Neves, como Lucía Catoira e Silvia Fuentes; de Honey Moon, como Lorena Vilas e Quique Otero; ou de Cuñados, como Lucía Estévez e Leticia T. Blanco. Nesta edición introdúxose tamén unha colaboración con todos os centros de Primaria e Secundaria de Boiro: farán unha curta en cada un, e proxectaranse no Pazo de Goiáns. Tamén haberá neses centros obradoiros de cine.