Laracha, A Coruña, Arteixo, Carballo e Culleredo definen conxuntamente as estratexias de futuro

Seguirán traballando para coñecer que temas ou desafíos teñen plantexados os municipios veciños nas súas respectivas axendas urbanas ou similares

Unha das xuntanzas de alcaldes e técnicos dos cinco concellos / C. l.

Unha das xuntanzas de alcaldes e técnicos dos cinco concellos / C. l. / redacción

Redacción

Os concellos da Laracha, A Coruña, Arteixo, Carballo e Culleredo rubricaron unha declaración intermunicipal que pretende ser un acordo formal que permita comezar a elaborar proxectos conxuntos en temas relacionados coa mobilidade, a industria, o ámbito das persoas dependentes e o turismo. Tras varias reunións nas que participaron os alcaldes xunto aos técnicos, os cinco municipios conviñeron que eses catro eixos son nos que poderán colaborar de xeito máis efectivo.

Asimesmo, seguirán traballando para coñecer que temas ou desafíos teñen plantexados os municipios veciños nas súas respectivas axendas urbanas ou similares.

Este marco de colaboración tamén serve para incrementar o coñecemento mutuo entre os concellos e os obxectivos que teñen plantexados, “e para crear unhas condicións favorables que permitan que municipios veciños e autónomos a nivel competencial poidan converterse, sen renunciar á súa autonomía, senón partindo dela, en concellos colaborardores”, afirman ó respecto.