‘Performance’ poética de Ainhoa Conde na Mostra do Encaixe

Ainhoa Conde, no centro, durante a animada presentación literaria /c. c.

Ainhoa Conde, no centro, durante a animada presentación literaria /c. c. / J. M.

O son dos bolillos e a exhibición de puntillas na XXXII Mostra do Encaixe víronse complementados este xoves coa primeira das tres presentacións literarias programadas. A ceense Ainhoa Conde optou por unha performance poética sobre a pasarela de moda para darlle vida ao seu libro Devotos do destino. Alén do Vilán. Unha obra que, asegura, é unha reflexión interna cargada de sentimentos por Galicia e o oceáno, baseada case na súa totalidade en vivencias da autora. “Sesenta e seis historias de amor, desalento, loita, sacrificio, alegría e morriña”, afirma a poeta que traballa como inspectora de seguridade marítima.

Este venres, día 7 ás 12.00 horas, haberá unha nova cita literaria coa presentación de Travesías del sentir, de Ana de las Heras, unha escritora e enxeñeira industrial nada en Madrid e afincada en Oleiros. Trátase dun conxunto de relatos cortos cheos de humor, maxia e transformación que narran o cotiá dun xeito sinxelo grazas a por o foco nos pequenos detalles que fan grande a vida.