Alumnos de cociña de Carballo fórmanse en plantas aromáticas

A iniciativa constou dunha masterclass a cargo da enxeñeira técnica agrícola e paisaxista Carmen Alonso Diéguez

Alumnas do taller de emprego durante a plantación

Alumnas do taller de emprego durante a plantación / c. de carballo

redacción

O alumnado de cociña do obradoiro de emprego Fórum Dual de Carballo sabe moito máis sobre plantas aromáticas grazas á colaboración do servizo municipal de xardíns, que organizou unha masterclass impartida pola enxeñeira técnica agrícola e paisaxista Carmen Alonso Díaz, responsable tamén do deseño das zonas verdes e da elaboración do catálogo de árbores do municipio.

A xornada didáctica incluíu unha primeira parte teórica na que, por unha banda, a técnica explicou a evolución e o uso das plantas aromáticas ao longo da historia, na que as especias mesmo chegaron a ser moeda de cambio. Tamén explicou os usos actuais que teñen, tanto o culinario, de especial interese para o alumnado, como o farmacéutico, o cosmético ou o agrícola, sobre todo como repelentes e/ou detectoras de pragas e enfermidades.

Por último, abordouse o cultivo das herbas aromáticas. A xornada rematou cunha plantación no horto da Escola de Hostalería de Carballo, á que se sumou o alcalde, Evencio Ferrero.