Comezan os traballos de reforma integral do centro de saúde de Zas

Andamio colocado na fachada do centro de saúde de Zas

Andamio colocado na fachada do centro de saúde de Zas / c. de zas

redacción

O alcalde de Zas, Manuel Muíño, visitou o centro de saúde da localidade para comprobar o inicio das obras de reforma do edificio, que comezaron a semana pasada. As actuacións contemplan a sustitución global da cuberta, que actualmente presenta un estado de deterioro, así como a reforma das fachadas do complexo. As obras iniciáronse unha vez recibida a autorización por parte do Servizo Galego de Saúde (Sergas), propietario do edificio e responsable do mesmo, e está previsto que se prolonguen durante as vindeiras semanas. Unha vez rematados os traballos quedará cumprida unha antiga petición do equipo de goberno municipal de Zas, que lle reclamou en varias ocasións ao Sergas a inmediata rehabilitación do edificio ante o seu estado de deterioro. A administración local colabora (mediante un convenio asinado co Sergas) na realización destes traballos financiando con fondos propios o cincuenta por cento do importe da obra e encargándose tanto da redacción do proxecto como da contratación dos traballos.