O castelo de Vimianzo disporá dunha nova instalación eléctrica

Castelo de Vimianzo.

Castelo de Vimianzo. / Concello de Vimianzo

Redacción

Xa está en marcha a segunda fase de renovación da instalación eléctrica do castelo de Vimianzo, cuxo proxecto contará cun orzamento de 72.354,24 euros, aportados integramente polo departamento de Patrimonio da Deputación da Coruña.

O proxecto permitirá realizar accións de mellora no sistema de datos (megafonía/ambiente nas estancias interiores e son para eventos no patio interior), intrusión e protección contra raios e incendios. Previamente, realizáronse unha serie de actuacións mínimas que permiten as melloras sen despregar novas canalizacións. Estes traballos complementaranse cos anteriores buscando a homoxeneidade da instalación completa.