Catro campamentos romanos de Área serán obxecto dun estudo arqueolóxico

O proxecto centrarase nos de Santa Baia, da Laracha; O Cornado, de Negreira; O Castrillón, de Touro; e A Cova do Mexadoiro, de Trazo // A iniciativa foi impulsada pola Deputación da Coruña e a Universidade de Salamanca

Modelo 3D a partir de datos LIDAR co emprazamento do campamento de Santa Baia, na Laracha / J. M. Costa-IGN-PNOIA

Modelo 3D a partir de datos LIDAR co emprazamento do campamento de Santa Baia, na Laracha / J. M. Costa-IGN-PNOIA / j. ramos / s. souto / M. manteiga

J.M. Ramos /Suso Souto / Marcos Manteiga

A Deputación da Coruña e a Universidade de Salamanca promoverán o estudo arqueolóxico dos campamentos romanos localizados en O Cornado (Negreira), Santa Baia (A Laracha), A Cova do Mexadoiro (Trazo) e O Castrillón (Touro), ao abeiro do proxecto A chegada de Roma ao Finis Terrae, que desenvolverá un equipo de investigación dirixido polo profesor José M. Costa.

Xurxo Couto, esquerda, e José M. Couto asinando o convenio / D. C.

Xurxo Couto, esquerda, e José M. Couto asinando o convenio / D. C. / j. ramos / s. souto / M. manteiga

O proxecto contempla a investigación e divulgación de achados arqueolóxicos relacionados cos catro campamentos, que foron fortificacións temporais que o exército romano construíu no transcurso das súas marchas, por motivos defensivos e tamén de disciplina interna, polo que eran recintos simples, delimitados por fosos escavados no terreo, terrapléns e sebes, segundo subliñan os investigadores. Por ser construídos rapidamente e ocupados durante un breve período de tempo, constitúen un tipo de xacementos de elevada fraxilidade e difíciles de identificar nas paisaxes actuais.

Agora, tras a identificación dos referidos catro campamentos, o equipo de investigación dirixido polo profesor de Arqueoloxía da Universidade de Salamanca José Manuel Costa, cursou notificación á Dirección Xeral do Patrimonio Cultural para que iniciase os pertinentes trámites administrativos para catalogar e protexer “estes singulares e case descoñecidos elementos”, afirman.

A partires deste trámite, e co ánimo de ampliar as informacións históricas que esconden os xacementos, “que mostran evidencias dun aceptable estado de conservación”, ponse en marcha o proxecto A chegada de Roma ao Finis Terrae, que inclúe o estudo arqueolóxico por medio de técnicas de teledetección non destrutivas e o deseño de iniciativas de divulgación e socialización da investigación con fins turísticos, culturais e educativos. Así, o proceso de exploración arqueolóxica, toma de mostras e documentación topográfica irá acompañado dun programa de divulgación de achados a través da páxina web e dos perfís en redes sociais do equipo de investigación (www.romanarmy.eu).

José Manuel Costa, natural de Cambados e actualmente profesor da Universidade de Salamanca, vén de asinar o acordo de colaboración co deputado de Cultura da Deputación da Coruña, Xurxo Couto.

Asegurou a este xornal que o proxecto empezouse a plantexar xa antes da pandemia, cando investigaba na Universidade de Santiago. Participarán nas escavacións dez persoas, entre expertos da USC e da Universidade de Salamanca e colectivos da zona (o equipo está aínda por definir). O orzamento é de 50.000 € e prevén empezar no verán e ter os resultados preliminares a finais de ano.

Trátase de investigar catro das zonas de campamentos romanos descubertas nos últimos anos grazas ás técnicas de teledetección. “Queremos abrir una ventana en el tiempo hacia una etapa de la Historia de la que no se conoce mucho, como es la incorporación de Galicia al Imperio Romano. Más allá de la campaña de Julio César hasta Brigamtium, que fue una expedición militar breve, se conoce cómo fue la incorporación definitiva, pero no cómo fue el proceso. Queremos investigar en qué medida estos campamentos de la zona occidental de Galicia están relacionados con ese proceso o con otros y reconstruir la etapa de transformación de los castros hacia la sociedad galaico-romana”, explica.

Unha parte do equipo traballará directamente nas escavacións, e outra dedicarase a tarefas de divulgación, con reconstrucións en tres dimensións e ilustracións. Deste equipo de divulgación formará parte Manuel Gago, profesor de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela.

O equipo de investigadores, que forman parte do colectivo Romanarmy, xa puxeron de manifesto a través do artigo The reassessment of the Roman military presence in Galicia and nothern Portugal through digital tools: archaeological diversity and historical problems, divulgado na publicación científica Mediterranean archaeology and archeometry, que o exército romano tivo unha presenza “mucho más destacada, diversa y prolongada en el noroeste de la península ibérica de lo que se conocía”.

NOVOS SITIOS

. Así, deron a coñecer vinte e dous novos sitios militares romanos, algúns deles inéditos, que revelan “una gran dispersión de los contingentes militares a lo largo del territorio y, sobre todo, una diversidad de operaciones y misiones que pueden ir desde acciones de combate, reconocimiento del territorio o control policial”.

Un dos campamentos máis singulares publicados no referido artigo é o larachés de Santa Baia. “Es un caso especial porque plantea interesantes cuestiones alrededor de la relación entre campamentos romanos y castros”, afirman. A particularidade está en que, se na maioría dos casos o castellum se situaba no interior do castro, en Santa Baia “el campamento desborda los límites y es la fortificación indígena la que queda en su interior”. Sobresae ademais polas súas dimensións, “superiores a cinco hectáreas y con una estimación de ocupación de entre 2.500 y 3.650 soldados”, segundo explican ao respecto no seu estudo. Despois do recoñecemento in situ do xacementeo consideran que o castro xa fora abandonado no momento da chegada das tropas romanas.

Por outra banda, o asentamento de Cornido (Negreira) foi estudado tamén polo arquitecto municipal, Alfredo Varela, quen incluso realizou unha reconstrución virtual sobre o seu aspecto. Ao igual que outros investigadores, considera que se trataba dun campamento temporal, o cal xustifica pola falta de grandes muros pétreos. Calcula, asimesmo, que nel puideron establecerse uns 2.500 soldados, media lexión, posiblemente para protexer as cercanas minas de Brandomil, localidade de Zas, que foi outro importante enclave romano.