Lage acusou a Rueda de darlle as costas á ría de Muros-Noia sobre San Finx

Lage, 2º pola dereita, na manifestación / psoe

Lage, 2º pola dereita, na manifestación / psoe / suso souto

O secretario de Organización do PSdeG, José Manuel Lage, acudiu en Santiago a unha concentración dos veciños da ría de Muros-Noia contra os vertidos da mina de San Finx (Lousame) que afectarían á actividade marisqueira, “motor económico da comarca”, dixo, que xera 40.000 empregos entre directos e indirectos. Lage acusou ó presidente da Xunta, Alfonso Rueda, de “darlle as costas” a todos eles, e dixo que é “a constatación de que o PP está no seu fin de ciclo na Xunta”. O xefe do aparato socialista respaldou ás preto de mil persoas que se concentraron diante da sede do Goberno galego para dar “un berro de SOS moi claro en defensa dos postos de traballo e da maior riqueza da ría de Muros-Noia, o seu ecosistema e a súa produción marisqueira”, sinalou. Lage alertou que, ao reactivarse a mina, cas verteduras que chegarían á costa, “están poñendo en risco moitos postos de traballo, un ecosistema fundamental para a vida dos galegos e das galegas e a economía de toda unha bisbarra”, todo isto contando “coa complicidade de Rueda, do PP e do Goberno galego”.

Asimesmo, encomiou a loita dos veciños desa comarca, defendendo as súas reclamacións como “un pobo que se levanta porque quen ten que escoitar non escoita”.