Rebeca Ayala reivindica a defensa do medio mariño a través de fotografías en Cee

Imaxe promocional da exposición 'Gaivotas á terra'

Imaxe promocional da exposición 'Gaivotas á terra' / Rebeca Ayala

Redacción

A fotógrafa Rebeca Ayala inaugura este sábado na casa da cultura de Cee a súa primeira exposición baixo o título Gaivotas á terra. Unha mostra de imaxes que teñen como denominador común a defensa do medioambiente mariño, e que trata de concienciar sobre a grave afección que provocan os plásticos que acaban nas augas dos nosos mares.

Asegura que é un “grito de auxilio” fronte a un problema que non remata e que acaba perxudicando irresparablemente o ecosistema mariño. A serie de fotografías está dividida en catro actos: inconsciencia, indiferencia, agobio e inerte. Cada un pertence a unha etapa nesta historia, que se acompaña cun texto explicativo sobre os residuos nos océanos.

O acto inaugural comezará ás 20.00 horas, e a exposición poderá visitarse ata o día 2 de xuño, de luns a venres, de 9.30 a 14.00 e de 16.30 a 19.30 horas.