A familia da farmacia Sosa Ron recibiu o premio Santo Isidro

Xantar popular o que asistieron 550 persoas/ concello de rois

Xantar popular o que asistieron 550 persoas/ concello de rois / s. e.

O presidente da Xunta de Galicia desprazouse onte ata Rois para asistir ao xantar popular que organiza o Concello con motivo da celebración das festas patronais e

entregarlle o recoñecemento Santo Isidro Labrador á familia que rexenta a farmacia Juana María Sosa Ron. Tras o pregón de Clodio González Perez, Alfonso Rueda e Ramón Tojo rendéronlle homenaxe ás persoas centenarias do municipio que ao longo do útlimo ano recibiron na súa casa a distinción Toda unha vida. Así mesmo, tamén houbo un recoñecemento especial ao cadro de persoal dos dous centros médicos do municipio. Victoriano Trenco Díaz, pola súa parte, recolleu o diploma que o acredita como gañador do oncurso de carteis do Santo Isidro co que se promociona a festa. Máis de 550 persoas participaronno polideportivo dos Dices no xantar popular que organiza o Concello de Rois coincidindo coas festas patronais do Santo Isidro Labrador. Antes de degustar o menú, composte de empanada, pulpo e carne o caldeiro, aplaudiron as persoas homenaxeadas nesta ocasión.